Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 204 novas:
A Xunta destaca a importancia da actuación das comunidades autónomas na cooperación internacional para o desenvolvemento

21/02/19 | 11:07  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta destaca a importancia da actuación das comunidades autónomas na cooperación internacional para o desenvolvemento

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo participa en Palma no “XII Encontro de Comunidades Autónomas e cooperación para o desenvolvemento”

Jesús Gamallo resaltou o aliñamento da cooperación galega co cumprimento dos ODS

A Xunta destina 5,9 millóns de euros aos concellos de Bergantiños-Costa da Morte do Fondo de Cooperación Local para garantir o seu funcionamento

20/02/19 | 17:05  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta destina 5,9 millóns de euros aos concellos de Bergantiños-Costa da Morte do Fondo de Cooperación Local para garantir o seu funcionamento

O delegado territorial da Xunta explicou que estas axudas respectan a autonomía dos concellos e poden destinarse ao que os alcaldes consideren máis urxente

O orzamento distribuído para a provincia da Coruña na convocatoria de 2019 é de 46 millóns

A Xunta impulsa a sexta xornada do Foro Galego do Brexit coa visita do director de comercio exterior do goberno galés

19/02/19 | 19:31  | C. de Economía, Emprego e Industria

A Xunta impulsa a sexta xornada do Foro Galego do Brexit coa visita do director de comercio exterior do goberno galés

Esta tarde mantivo unha xuntanza con deputados dos distintos grupos parlamentarios e co director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo

Tamén se reuniu con outros representantes do Goberno galego e mañá visitará o polo aeroespacial de Rozas en Lugo

A Xunta aposta polo fortalecemento da cooperación transfronteiriza para afrontar novos retos

19/02/19 | 17:17  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta aposta polo fortalecemento da cooperación transfronteiriza para afrontar novos retos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na Asemblea xeral do Eixo Atlántico, na que tamén se fixo entrega das medallas de ouro da institución

Destacou a necesidade de seguir defendendo os intereses de Galicia no financiamento europeo e na programación de infraestruturas
 

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal intensificará a cooperación transfronteiriza cun novo Plan de investimentos e actuacións en I+D+i

18/02/19 | 15:29  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal intensificará a cooperación transfronteiriza cun novo Plan de investimentos e actuacións en I+D+i

Hoxe reuniuse en Vigo a Asemblea e o Consello Superior dos órganos directivos desta Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT)

No encontro, tamén se fixo balance dos logros acadados durante 2018 a través de iniciativas como o programa de mobilidade académica ‘Iacobus’, o ‘Job Day’ ou o premio literario ‘Nortear’
 

A Xunta activará unha plataforma dixital para ofrecer ás empresas asesoramento técnico e personalizado ante o Brexit

18/02/19 | 10:34  | C. de Economía, Emprego e Industria

A Xunta activará unha plataforma dixital para ofrecer ás empresas asesoramento técnico e personalizado ante o Brexit

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, xunto coa secretaria de Estado para o Comercio, Xiana Méndez, inaugurou hoxe en Santiago a xornada ‘Galicia ante o Brexit: perspectivas, retos e oportunidades para as empresas galegas’

Sinala que a Administración autonómica vixía con cautela os posibles efectos do Brexit sobre a economía galega para previr posibles efectos co obxectivo de que a internacionalización do tecido empresarial continúe crecendo como ata o de agora

As exportacións galegas ao Reino Unido aumentaron entre xaneiro e novembro do ano pasado nun 16,1%

Outras das iniciativas da Xunta en materia de internacionalización son os programas Galicia Exporta e Foexga que este ano suporán un investimento de 11,6M€ para beneficiar a preto de 1000 empresas

17/02/19 | 11:16  | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda pide desde Ribadeo que Galicia non esqueza a xenerosidade e as importantes achegas que os emigrantes fixeron desde os países de destino á súa terra de orixe

O secretario xeral da Emigración presidiu 'O Círculo Habanero coa Emigración', que contou coa actuación da Coral Polifónica de Ribadeo, que presentou o seu cedé 'Legado indiano'

O responsable do departamento autonómico salientou que os emigrantes seguen a enriquecer hoxe á comunidade galega a través do retorno

A Fundación Galicia Europa pon en marcha un concurso para promover a participación nas eleccións europeas do 26 de maio

16/02/19 | 12:24  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Fundación Galicia Europa pon en marcha un concurso para promover a participación nas eleccións europeas do 26 de maio

Os participantes deberán compartir a través das redes sociais as súas razóns para participar nas eleccións ao Parlamento Europeo

Premiarase á persoa máis activa durante a duración do concurso, á mensaxe máis viral e á mensaxe máis orixinal

As bases dos concurso así coma os requisitos de participación serán publicados na páxina web da Fundación Galicia Europa este luns
 

A Rexión Norte de Portugal únese a Galicia, Asturias e Castela-León na reclamación do corredor atlántico

15/02/19 | 13:28  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Rexión Norte de Portugal únese a Galicia, Asturias e Castela-León na reclamación do corredor atlántico

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá en Porto, unha reunión coa vicepresidenta da Comissiâo de Coordinacâo e Desenvolvimento Regional do Norte- CCDRN- Ester Gomes da Silva

Alfonso Rueda indicou a relevancia desta alianza estratéxica das rexións do noroeste peninsular para acadar investimentos e actuacións concretas na rede de transporte ferroviario

Alfonso Rueda e Ester Silva, analizaron tamén o estado do proxecto Ariem+, o plan de cooperación en materia de emerxencias e riscos transfronteirizos, que xira en torno á prevención de riscos naturais

A Secretaría Xeral da Emigración abre o prazo para solicitar a nova liña das axudas extraordinarias aos retornados con fillos menores de idade

15/02/19 | 12:02  | Secretaría Xeral de Emigración

A Secretaría Xeral da Emigración abre o prazo para solicitar a nova liña das axudas extraordinarias aos retornados con fillos menores de idade

O departamento autonómico incrementará máis de tres veces o orzamento deste programa, de 550.000 a 1,75 millóns de euros, para ampliar a cobertura aos galegos que regresaran con nenos a partir do 1 de xaneiro de 2019

Miranda sinala a necesidade de “adaptar as medidas que ten en marcha o Goberno galego para facilitar o retorno á realidade das familias procedentes do estranxeiro”

O prazo de solicitudes manterase aberto ata o vindeiro 30 de agosto