Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19:30 horas de hoxe

Estabilizado un lume en Rianxo, parroquia de Leiro, que afecta unhas 20 hectáreas, segundo as últimas estimacións

Permanece controlado o lume rexistrado no concello de San Cristovo de Cea, parroquia de Oseira, que afectou, segundo as últimas estimacións, unhas 170 hectáreas

  • Lembra que ti tamén podes axudar a previr os lumes

Santiago, 30 de agosto de 2016.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19:30 horas de hoxe.

Estabilizado Rianxo, Leiro
Ás 19:10 horas quedou estabilizado un lume no concello coruñés de Rianxo, parroquia de Leiro, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas. No seu control levan traballado 1 técnico, 5 axentes, 19 brigadas, 10 motobombas, 3 pas, 11 helicópteros e 3 avións.

Controlado San Cristovo de Cea, Oseira
Permanece controlado desde as 09:06 horas o incendio rexistrado no concello ourensán de San Cristovo de Cea, parroquia de Oseira, que, segundo as últimas estimacións, mantense nunha superficie de 170 hectáreas. O lume iniciábase ás 19:23 horas do domingo e na súa extinción levan traballado 2 técnicos, 17 axentes, 53 brigadas, 21 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 3 avións.