Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo hoxe en San Caetano unha reunión co alcalde do municipio pontevedrés, Manuel Cuiña Fernández

A Xunta de Galicia avanza co concello de Silleda a realización de obras de mellora na escola infantil e no proxecto para a construción dun centro para persoas maiores

Os traballos de remodelación na escola infantil acometeranse con cargo aos recursos adicionais dos que dispón para este exercicio o Goberno galego como consecuencia do cumprimento do déficit

Na xuntanza, ambos dirixentes valoraron a elevada ratio de atención do municipio no que atinxe ao Servizo de Axuda no Fogar, que chega a unha cobertura do 99,80%, cun total de 45 beneficiarios na actualidade
 

  • O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo hoxe en San Caetano unha reunión co alcalde do municipio pontevedrés, Manuel Cuiña Fernández
    Autor: Conchi Paz
  • O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo hoxe en San Caetano unha reunión co alcalde do municipio pontevedrés, Manuel Cuiña Fernández
    Autor: Conchi Paz

Santiago, 13 de xuño de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, entrevistouse hoxe no seu despacho de San Caetano co alcalde da vila pontevedresa de Silleda, Manuel Cuiña Fernández, dentro da quenda de encontros que está a manter cos dirixentes locais dos municipios galegos. Estas reunións teñen por obxecto o de darlles a coñecer as liñas estratéxicas da Xunta de Galicia en materia social para este ano, así como profundar nas liñas de colaboración entre a administración autonómica e os entes locais.

Así as cousas, e no que atinxe a vindeiras actuacións en materia de equipamentos do Goberno galego en Silleda, Rey Varela informou ao rexedor de que se levarán a cabo obras de mellora na escola infantil da localidade, que é titularidade do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e que dispón de 82 prazas públicas distribuídas en seis unidades. Estes traballos de remodelación acometeranse con cargo aos recursos adicionais dos que dispón para este exercicio o Goberno galego como consecuencia do cumprimento do déficit.

Así mesmo, o rexedor de Silleda aproveitou a xuntanza co responsable da área social da Xunta para propoñer a construción dun centro de maiores no municipio. Ao respecto, Rey Varela deixou a porta aberta a que a administración autonómica se poda implicar para colaborar na realización deste proxecto, a expensas de que se coñeza máis polo miúdo as características e custe económico desta actuación.

Por outra banda, na xuntanza valorouse a elevada ratio de atención coa que conta Silleda no que respecto ao Servizo de Axuda no Fogar, que chega a unha cobertura do 99,80% cun total de 45 beneficiarios na actualidade. Política Social destina anualmente máis de 216.000 euros a este servizo que forma parte do sistema autonómico de atención á dependencia. Así mesmo, a Consellería mantén 15 prazas concertadas no Centro Ocupacional Medelo de iniciativa social nas que inviste este ano algo máis de 148.000 euros.
 

Tema: Benestar
Departamento: C. de Política Social