Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

O delegado territorial da Xunta visitou a residencia de persoas maiores de Burela

  • O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, desprazouse esta tarde á residencia da terceira idade de Burela

Burela (Lugo), 19 de maio de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, desprazouse esta tarde á residencia da terceira idade de Burela no marco das visitas que o responsable territorial está a desenvolver aos distintos servizos públicos que a administración autonómica presta na provincia. No centro, aproveitou para reunirse co seu equipo directivo e saudar ao persoal e usuarios que residen no mesmo, en aras a pulsar a súa realidade e coñecer de primeira man as súas demandas.

Balseiro destacou que os maiores son unha prioridade para o Goberno galego, que se esforzará en seguir prestando unha atención de calidade que garanta o benestar dos residentes ao tempo que se facilite o traballo do persoal. Neste senso, indicou que nos últimos meses téñense investido 83.793 euros en distintas obras de mellora e equipamentos. A Consellería de Política Social oferta nesta residencia 88 prazas -58 para persoas autónomas e 30 en situación de dependencia- e 20 no centro de día. A residencia conta ademais cun cadro de persoal de 65 profesionais.