Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Xunta realiza un balance positivo do grao de cumprimento dos acordos adoptados na última Conferencia de Presidentes

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe en Madrid no Comité preparatorio, de impulso e de seguimento da Conferencia de Presidentes

Puxo en valor os avances realizados en materia de financiamento autonómico e violencia de xénero
 

  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe en Madrid no Comité preparatorio, de impulso e de seguimento da Conferencia de Presidentes
  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe en Madrid no Comité preparatorio, de impulso e de seguimento da Conferencia de Presidentes
  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe en Madrid no Comité preparatorio, de impulso e de seguimento da Conferencia de Presidentes

Madrid, 17 de xullo de 2017.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe en Madrid na reunión do Comité preparatorio, de impulso e de seguimento da Conferencia de Presidentes, que tivo como principal obxectivo avaliar o grao de cumprimento dos 11 acordos adoptados na Conferencia de Presidentes celebrada en xaneiro.

A Xunta amosou a súa satisfacción polo clima de cordialidade e diálogo durante a xuntanza, así como tamén eloxiou o traballo feito durante estes seis meses para dar cumprimento aos acordos acadados. Ademais, instou a seguir traballando, de xeito coordinado, en beneficio da cidadanía.

En concreto, o Goberno galego considerou especialmente positivo que xa se teña posto en marcha un grupo de expertos sobre o novo financiamento autonómico, que está xa rematando o seu traballo; así como os avances realizados en igualdade e violencia de xénero cara un futuro Pacto de Estado.

Outros dos temas que centrou a anterior Conferencia de Presidentes foi o reto demográfico, unha materia que interesa especialmente a Galicia. Ao respecto, o Goberno autonómico valorou a creación da figura do Comisionado, que senta as bases para seguir avanzando na materia.

Tamén destacou as reunións celebradas no marco da Conferencia para Asuntos Relacionados coa Unión Europea (CARUE), onde se ten realizado unha sesión monográfica sobre o Brexit, un asunto especialmente relevante para Galicia.