Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Policía autonómica leva a cabo 74 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

Entre o 10 e o 16 de xullo, realizáronse inspeccións en 8 concellos galegos, levantáronse 10 actas de infracción e foron identificadas 20 persoas

A Policía autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega
 

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2017.- Axentes do grupo de Menores da Policía autonómica levaron a cabo durante a pasada semana un total de 74 inspeccións de control, nun total de 10 dispositivos en 8 concellos galegos.

Por parte dos distintos grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, nesta pasada semana realizáronse 10 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos da Coruña, Ames, Lugo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Verín, Vigo e Xinzo de Limia.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron levantadas 10 actas de infraccións: 6 por consumo de alcol en menores, e 4 por venda de alcol. Foron identificadas 20 persoas e inspeccionadas 74 zonas de ocio, locais e centros comerciais.

A Policía autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para seu o cumprimento e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.