Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Xunta informa ás forzas e corpos de seguridade dos espazos que ocuparán na futura Cidade da Xustiza de Vigo

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e o representante do Goberno galego na cidade, Ignacio López-Chaves, destacaron a mellora operativa que suporá a incorporación da Policía Autonómica á nova infraestrutura xudicial

Vídeo coas declaracións
  • O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e o representante do Goberno galego na cidade, Ignacio López-Chaves, destacaron a mellora operativa que suporá a incorporación da Policía Autonómica á nova infraestrutura xudicial
  • O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e o representante do Goberno galego na cidade, Ignacio López-Chaves, destacaron a mellora operativa que suporá a incorporación da Policía Autonómica á nova infraestrutura xudicial
  • O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e o representante do Goberno galego na cidade, Ignacio López-Chaves, destacaron a mellora operativa que suporá a incorporación da Policía Autonómica á nova infraestrutura xudicial

Vigo, 11 de agosto de 2017.- O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, incidiu hoxe na mellora operativa que suporá o traslado da sede actual da Policía Autonómica á futura Cidade da Xustiza de Vigo. Nunha visita ás antigas instalacións do Hospital Xeral, na que estivo acompañado polo delegado da Xunta nesta área territorial, Ignacio López-Chaves, e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, recoñeceu que as actuais instalacións deste corpo policial son “manifestamente mellorables”.

Luis Menor aproveitou a ocasión para loar a labor da Unidade de Policía Adscrita a Galicia en materia de furtivismo, protección de menores ou asesoramento a mulleres vítimas de violencia de xénero. Precisamente, na importancia destes cometidos enmarcou a necesidade de mellorar as sedes policiais que se atopan en peores condicións.

Segundo dixo, a sede da futura Cidade da Xustiza de Vigo será máis ampla e estará racionalmente deseñada para dar cobertura ás necesidades actuais, ao tempo que engadiu que “mellorará notablemente a situación que temos hoxe”.

Unhas instalacións sobre as que Luis Menor e o arquitecto da obra, Alfonso Penela, tiveron ocasión de informar polo miúdo aos responsables das forzas e corpos de seguridade cos que mantiveron un encontro a pé de obra. Neste senso, Penela non deixou pasar a ocasión de incidir na oportunidade que supón a construción deste edificio para “completar o círculo e incorporar a todas as policías nun mesmo espazo”.

Pola súa banda, López-Chaves encadrou a visita desta mañá no contacto permanente cos representantes xurídicos e dos corpos e forzas de seguridade na cidade de Vigo. Ao igual que antes fixo Luis Menor, acentuou a importancia do traslado da Policía Autonómica na medida que suporá unha maior reactivación da contorna do Xeral.

25 millóns

O delegado da Xunta en Vigo recordou que a inversión na Cidade da Xustiza de Vigo, cun investimento global que roldará os 25 millóns de euros, é a maior destinada a unha infraestrutura xudicial en Galicia.

A Administración autonómica mantén a premisa de axilizar ao máximo o proceso de rehabilitación do inmoble, comezando por unha parte coa demolición dos elementos que non se aproveitan, e por outro, a obra de rehabilitación propiamente dita.

Acordouse así dividir o proxecto en dúas fases. Primeiro, a fase de execución, coa demolición daquelas partes do edificio do antigo Hospital Xeral que serán retiradas, para seguir logo coa fase de rehabilitación, cun prazo de execución de 24 meses. O obxectivo principal é que o edificio estea rematado en 2019.

Ademais, paralelamente ao proceso de derrubamento, que consiste en baleirado de interiores, desmontaxe de recubrimento de fachadas, demolición do edificio curvo e diversas actuacións para poder comezar coa rehabilitación, o arquitecto Alfonso Penela segue a traballar na redacción do proxecto de rehabilitación, para que en canto o teña listo, poder iniciar xa as obras.

Dende a Xunta apostouse por rehabilitar un edificio emblemático da cidade, poñendo en marcha unha Cidade de Xustiza moderna, ben dimensionada, e buscando mediante o concurso de ideas a mellor solución para converter o antigo Xeral na nova Cidade da Xustiza de Vigo. Nun mesmo edificio concentraranse todas as dotacións xudiciais da cidade, gañando máis de 20.000 metros cadrados novos de espazo e acollendo o inmoble 35 unidades xudiciais, con espazo libre para futuras ampliacións, contando xa dende o primeiro momento coa axuda e co asesoramento dos arquitectos da cidade, dos operadores xudiciais e do Concello.
 

Vídeos relacionados