Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Alfonso Rueda mantén unha reunión cos responsables da Asociación de Veciños A Capela, en Alba (Pontevedra)

  • Alfonso Rueda mantén unha reunión cos responsables da Asociación de Veciños A Capela, en Alba (Pontevedra)

Pontevedra, 13 de novembro de 2017.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse esta noite cos responsables da asociación de veciños A Capela, na parroquia de Alba (Pontevedra). Durante a visita, Rueda puido comprobar o destino da subvención que o colectivo recibiu e que empregou nun equipo informático, unha televisión e mobiliario necesario para o funcionamento da asociación.

O vicepresidente recordou a importancia desta orde de axudas a asociacións veciñais, que no ano 2017 ascendeu a 2,4 millóns en toda Galicia e que, na provincia de Pontevedra, permitiu afrontar proxectos a preto de 160 colectivos por un total de 1,6 millóns.