Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Policía Autonómica detén un home en vigo por un delito de violencia de xénero

Actualmente, a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 233 vítimas de violencia de xénero

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2017.- Axentes da Policía Autonómica de Vigo informaron hoxe da detención dun home como presunto autor dun delito de violencia de xénero por incumprimento da orde de afastamento da súa ex-parella.

Os axentes recibiron unha chamada de Emerxencias 112 na que se alertaba da presenza do detido nos arredores do domicilio da vítima, a quen chegou a ameazar á saída da súa vivenda.

Tras a súa chegada, a Policía Autonómica realizou batidas pola zona ata que localizou ao home, que quedou detido nese mesmo instante. De todo o actuado, tramitouse atestado remitido ao Xulgado de violencia de Vigo.

Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 233 vítimas de violencia de xénero.