Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Xunta colabora coa Fundación Amigos de Galicia para a atención de mulleres en situación de especial vulnerabilidade

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse hoxe co director xeral da Fundación Amigos de Galicia, Jesús Busto

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2018.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse hoxe co director xeral da Fundación Amigos de Galicia, Jesús Busto.

Esta Fundación recibiu entre 2009 e 2017 axudas por preto de 260.000 euros ao abeiro da orde de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade. A convocatoria desta orde para este ano, publicada en xaneiro, ascende a 1,5 millóns de euros.