Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Xunta destaca a labor do Ministerio Fiscal na protección e defensa dos dereitos das persoas maiores

O vicepresidente da Xunta participou na inauguración da Escola de Verán do Ministerio Fiscal, centrada na problemática xurídica das persoas maiores

Alfonso Rueda asinou co director da Escola de Verán do Ministerio Fiscal, o presidente da Deputación Provincial da Coruña e o director do Centro de Estudos Xurídicos, o convenio para a formación continuada de fiscais na Escola de Verán

Vídeo do vicepresidente da Xunta na inauguración da Escola de Verán do Ministerio Fiscal
  • O vicepresidente da Xunta participou na inauguración da Escola de Verán do Ministerio Fiscal, centrada na problemática xurídica das persoas maiores
  • O vicepresidente da Xunta participou na inauguración da Escola de Verán do Ministerio Fiscal, centrada na problemática xurídica das persoas maiores
  • O vicepresidente da Xunta participou na inauguración da Escola de Verán do Ministerio Fiscal, centrada na problemática xurídica das persoas maiores

Bergondo (A Coruña), 12 de xuño de 2018.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que a protección e a defensa dos dereitos das persoas maiores constitúe unha tarefa na que os fiscais están á cabeza e na que a Xunta lles ofrece todo o seu apoio e colaboración.

Durante a inauguración da Escola de Verán do Ministerio Fiscal, que nesta edición estará centrada na problemática xurídica das persoas maiores, hai que salientar que é un asunto prioritario para o Goberno galego. Neste sentido, cabe indicar que as administracións deben garantir a protección dos dereitos dos maiores e a Xunta está especialmente implicada neste obxectivo, desenvolvendo a ‘Estratexia galega sobre envellecemento activo desde a innovación’, que abarca ata o ano 2020 e que incide no compromiso cos nosos maiores.

O labor de protección da Fiscalía neste eido é fundamental e a función dos fiscais é un alicerce básico para garantir a súa dignidade, polo que cobra especial importancia a tarefa do Ministerio Fiscal á hora de protexer os dereitos dos maiores e as persoas con discapacidade.

Por outra banda, hai que salientar os avances producidos para acadar unha Administración de Xustiza moderna e adaptada aos tempos, como os pasos dados para ser pioneiros na implantación do novo modelo de Oficina Fiscal, da man da Unidade de Apoio á Fiscalía Xeral do Estado, que busca gañar unha maior axilidade, eficacia e operatividade nos traballos da Fiscalía e a posta en marcha da rede de videoconferencia, así como os medios técnicos e as TICS, entre outros.

Na inauguración participaron o Fiscal xeral do Estado, Julián Sánchez Melgar; o Fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes; o presidente da Deputación Provincial, Valentín González Formoso e o diirector do Centro de Estudos Xurídicos, Israel Pastor Sainz-Pardo.