Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello ourensán de Leiro

No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 42 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

Santiago de Compostela, 10 de Outubro de 2018.- Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Ourense esclareceron un lume no concello de Leiro, polo que se procedeu á investigación dunha persoa como presunta autora do mesmo.

O incendio tivo lugar o pasado 8 de outubro no lugar de San Clodio e foi provocado polas chispas dunha serra radial. O lume, que se propagou a unha finca próxima, afectou a 0,08 hectáreas de monte raso.

As dilixencias remitíronse ao Xulgado de Instrución un funcións de Garda de Ribadavia (Ourense). No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 42 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.