Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Xunta inicia as obras de sostemento do noiro de desmonte na PO-551 ao seu paso polo termo municipal de Moaña

A intervención nesta estrada, que conta cun investimento de preto de 32.300 euros , consistirá na limpeza da támara e posterior colocación dunha malla de protección

  • A Xunta inicia as obras de sostemento do noiro de desmonte na PO-551 ao seu paso polo termo municipal de Moaña
  • A Xunta inicia as obras de sostemento do noiro de desmonte na PO-551 ao seu paso polo termo municipal de Moaña

Moaña (Pontevedra), 5 de decembro de 2018.- O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse hoxe ata a PO-551 ao seu paso polo termo municipal de Moaña para supervisar o inicio das obras de sostemento do noiro de desmonte que o Goberno galego está a executar no punto quilométrico 29+450.

O obxectivo destes traballos é mellorar a estabilidade da támara existente nun tramo antigo da devandita estrada. A intervención consistirá na limpeza previa do desmonte e a posterior colocación de parafusos, formigón proxectado e unha malla de protección.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade responde con esta actuación, que conta cun investimento de preto de 32.300 euros e un prazo de execución dun mes, á solicitude dos veciños da zona e do Concello.