Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Xunta e Fiscalía Superior de Galicia colaborarán na posta en marcha dun protocolo de actuación nas oficinas de atención ás vítimas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes, presidiron esta mañá a Comisión Mixta da Fiscalía

Seguen avanzando para consolidar o modelo de atención asistencial desde as Oficinas de Atención ás Vítimas (OVA), cunha avaliación individualizada da vítima para previr e evitar as consecuencias da vitimización secundaria

O obxectivo é prestar unha asistencia integral, coordinada e especializada ás vítimas, en especial aos menores de idade e ás vítimas especialmente vulnerables durante o proceso xudicial
 

  • A Xunta e Fiscalía colaborarán no desenvolvemento dun protocolo de actuación para o funcionamento das Oficinas de Atención ás Vítimas
  • A Xunta e Fiscalía colaborarán no desenvolvemento dun protocolo de actuación para o funcionamento das Oficinas de Atención ás Vítimas

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2018.- A Xunta e Fiscalía colaborarán no desenvolvemento dun protocolo de actuación para o funcionamento das Oficinas de Atención ás Vítimas, que incorporarán un traballador social que se suma ao profesional da psicoloxía que xa está incorporado na actualidade en cada Fiscalía.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes, presidiron esta mañá a Comisión Mixta da Fiscalía, á que tamén asistiron os fiscais da Unidade de Apoio de Madrid, Francisco Moreno e Germán Gutiérrez; o vogal do Consello Fiscal, Álvaro García; e os catro Fiscais-Xefes provinciais, Javier Rey, Roberto Brezmes, Florentino Delgado e Juan Carlos Aladro.

Na reunión da Comisión Mixta, indicouse que as oficinas de atención ás vítimas foron reforzadas con persoal cualificado nos principais xulgados galegos, co obxectivo de prestar unha asistencia integral, coordinada e especializada ás vítimas como consecuencia do delito, en especial aos menores de idade e ás vítimas especialmente vulnerables durante o proceso xudicial.

Polo que Xunta e Fiscalía seguen avanzando para consolidar o modelo de atención asistencial desde as Oficinas de Atención ás Vítimas (OAV), que abarca dende a intervención psicolóxica, na que os psicólogos levan a cabo unha avaliación individualizada da vítima que determina a forma de previr e evitar as consecuencias da vitimización secundaria, e ademais agora co estudo e aplicación das medidas de protección que minimicen tamén os trastornos psicolóxicos e propostas para a asistencia e protección da vítima durante o proceso.

Ademais, no marco da reunión abordouse o estado da nova aplicación informática Fortuny que procura acadar o papel cero nas Fiscalías e que se implantará en todas as Fiscalías galegas; e o estado do Plan de Recuperación nas Fiscalías galegas no que participan en torno ao 50% da plantilla de funcionarios.