Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro e de vento a partir desta noite nas provincias da Coruña e Lugo

Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web www.112galicia.org

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2019.- A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por un temporal costeiro e de vento que dará comezo esta noite nas provincias da Coruña e Lugo.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), esta noite esperase alerta laranxa no litoral noroeste e oeste da provincia da Coruña con vento do suroeste de forza 8 e mar combinada entre 5-6 metros. Esperase tamén vento no noroeste da provincia da Coruña e na Mariña lucense con refachos que poden acadar os 100 qm/h.


A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.