Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Xunta leva destinados máis de 215.000 euros á Asociación Alar Galicia que leva a cabo programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, acompañada polo director da asociación, Fernando González, visitou este martes, en Lugo, Alar Galicia

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2019.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou esta mañá a Asociación Alar Galicia, coa que o Goberno galego colabora para levar a cabo programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Segundo indicou López Abella, que estivo acompañada na visita polo director da asociación desde o ano 2009, Fernando González, o Goberno galego colabora con esta asociación mediante axudas que ascenden a mais de 215.000 euros.

Precisamente, un dos proxectos que leva a cabo e o proxecto SÚMATE, que é un programa integral de apoio a mulleres monoparentais, que ten como obxectivos, potenciar a autonomía das mulleres da familias monoparentais mellorando as situacións precarias e de vulnerabilidade, axudar á crianzas dos e das menores e favorecer a súa socialización, favorecer e promover a incorporación da muller á vida laboral.