Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no concello de Oroso

No que vai de ano, un total de 16 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais

Oroso (A Coruña), 15 de marzo de 2019.- Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, en colaboración con axentes forestais do Distrito Forestal III Santiago Meseta-Interior, veñen de esclarecer un incendio na parroquia de Sigüeiro, concello de Oroso.

Os axentes tomaron declaración un varón, como presunto autor dun incendio forestal ocorrido o pasado día 11 de marzo. O lume produciuse cando o investigado estaba a facer unha queima de restos agrícolas, producíndose o escape da mesma.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Ordes (A Coruña). No que vai de ano, un total de 16 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.