Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Xunta destaca a importancia do emprendemento feminino no ámbito científico e anima a aproveitar o seu potencial

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, visitou as instalacións da empresa tecnolóxica NANOGAP

A empresa é unha 'spin-off' destinada a crear materiais innovadores baseados na nanotecnoloxía e foi fundada pola química Tatiana López del Río no ano 2006

  • Rueda e López Abella, este venres na empresa do Milladoiro
  • Rueda e López Abella, este venres na empresa do Milladoiro
  • Rueda e López Abella, este venres na empresa do Milladoiro
  • Rueda e López Abella, este venres na empresa do Milladoiro

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2019.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella visitaron esta mañá a empresa NANOGAP, onde destacaron a importancia do emprendemento feminino no ámbito científico ademais de ser unha compañía punteira en implantar políticas de igualdade e conciliación.

A empresa situada no Milladoiro traballa no campo da química e a nanotecnoloxía, cunha forte aposta pola investigación e pola innovación e cun cadro de persoal no que as mulleres son o 70 por cento.

Concretamente, a empresa é unha spin-off da USC destinada a crear materiais innovadores baseados na nanotecnoloxía, foi fundada pola química Tatiana López del Río no ano 2006, e conta tamén con oficina na cidade americana de San Francisco e un partner en Xapón.

Tanto a Universidade de Santiago de Compostela como a Xunta apoian todas estas iniciativas de emprendemento feminino mediante a posta en marcha de axudas, neste caso concreto reciben unha axuda do Fondo Galicia Innova Tech.