Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Ovidio Rodeiro asiste ao nomeamento de Beatriz Remeseiro López como embaixadora do concello de Curtis polo seu labor investigadora no ámbito da aplicación das TIC

Curtis (A Coruña), 13 de abril de 2019.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou no acto de nomeamento de Beatriz Remeseiro López como embaixadora do Concello de Curtis como recoñecemento por unha intensa vida profesional no eido da investigación TIC aplicada ao uso médico.

Ovidio Rodeiro destacou “que un dos seus maiores logros foi automatizar todo o proceso de diagnose do ollo seco grazas a unha aplicación desenvolvida na súa tese doutoral. Esta aplicación facilita o traballo dos optometristas mellorando os diagnósticos dos doentes desta patoloxía ocular”.

O representante do goberno local puntualizou que “hoxe estamos aquí para recoñecer a traxectoria dunha muller que dedicou toda a súa a vida á investigación o que lle levou a recibir numerosos recoñecementos como o premio Gradiant á mellor teses doutoral aplicada que permite diagnosticar o ollo seco de forma automática”.

“A pesar da súa xuventude, recalcou Ovidio Rodeiro, recibe esta recoñecemento por ser unha muller traballadora, tenaz e cun forte espírito de servizo público”, rematou o delegado territorial.