Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello de Gondomar

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2019.- Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Vigo, esclareceron un un incendio no concello pontevedrés de Gondomar.

O lume tivo lugar o pasado 3 de xaneiro no lugar de Candosa, parroquia de Vincios, no concello de Gondomar, e afectou a unha superficie de 0,65 hectáreas de terreo forestal arborado. O lume iniciouse cando o investigado realizaba unha queima de xeito neglixente, de restos forestais. Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución número 8 de Vigo.