Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

O Diario Oficial de Galicia publica unha nova convocatoria para a bolsa de interinos para os habilitados dos concellos galegos

As persoas interesadas deberán presentarán a súa solicitude a través do formulario dispoñible na https://sede.xunta.gal

O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles contados desde mañá

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2019.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para novas inclusións e actualización de méritos nas bolsas para a provisión temporal mediante interinidade de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional das entidades locais galegas.

No mes de decembro do 2017, foi convocado o acceso ás bolsas para a provisión temporal, mediante interinidade, de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional das entidades locais galegas, sendo elaboradas as correspondentes bolsas para secretaría-intervención, secretaría de entrada e intervención-tesouraría de entrada que na actualidade seguen en vigor.

Ante o previsible incremento de postos vacantes nos concellos por mor dun importante número de xubilacións, o Goberno galego considera necesaria a ampliación destas bolsas con novas inclusións. Así mesmo, a presente convocatoria outorga a posibilidade de actualizar méritos aos actuais integrantes das bolsas.

Como novidade respecto da convocatoria anterior poderán solicitar a inclusión nestas bolsas aqueles que posúa calquera titulación universitaria exixida para o ingreso nos corpos ou escalas clasificados no subgrupo A1.


As persoas interesadas deberán presentarán a súa solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles contados desde mañá.