Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 497 novas da Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza :

19/01/19 | 10:22  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

O 112 Galicia pechou o 2018 con 970.000 chamadas atendidas e 230.000 incidencias xestionadas

A maior parte das incidencias estiveron relacionadas coa prevención de riscos, incendios e salvamento, rescates e accións de Protección Civil e as asistencias sanitarias

En resumo, foi un ano marcado por grandes emerxencias nas que destacan a explosión de Tui e o derrubamento dunha plataforma durante a celebración do Festival do Marisquiño en Vigo, entre outros

Para estas e outras incidencias os usuarios puideron informarse na páxina web do 112 Galicia, de feito, no pasado exercicio rexistráronse máis de 1,2 millóns de consultas

Ademais, preto de 600 persoas visitaron as instalacións do CIAE 112 Galicia, polo que se cumpre así o obxectivo de achegar o servizo á cidadanía e fomentar o uso responsable do número único de emerxencias

A Xunta entrega á Asociación Veciñal de Valladares e ao párroco o libro que redescubre parte da historia de Galicia

18/01/19 | 17:21  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta entrega á Asociación Veciñal de Valladares e ao párroco o libro que redescubre parte da historia de Galicia

A obra, “Un viaje por la historia de Galicia. Del Señorío al marquesado de Valladares”, contén máis de 200 imaxes, con retratos e fotografías inéditas

Con grande rigor histórico, Pérez- Blanco, recupera a memoria da Casa de Valladares
 

 A Xunta abre o prazo para que os centros escolares galegos participen no concurso do cartel da campaña do Día Internacional da Muller

18/01/19 | 12:32  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta abre o prazo para que os centros escolares galegos participen no concurso do cartel da campaña do Día Internacional da Muller

Poderán participar centros educativos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia dende 5º de educación primaria ata 2º de bacharelato

O prazo de presentación dos traballos remata o vindeiro 15 de febreiro
 

18/01/19 | 11:55  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Comisión Europea toma nota da demanda galega de incluír a conexión ferroviaria Vigo-Porto na rede básica da rede transeuropea de transporte

A comisaria europea de Transporte, Violeta Bulc, agradece a carta enviada pola Xunta na que trasladan a demanda do Parlamento galego de incluír esta conexión na futura revisión da Rede Transeuropea de Transporte (RTE-T)

A comisión recoñece que a próxima revisión da RTE-T pode ser unha oportunidade para que España e Portugal aborden esta conexión transfronteiriza e comunica que xa iniciou o traballo preparatorio para a súa revisión
 

 A Xunta mantén unha xuntanza con representantes da asociación Aliad Ultreia

17/01/19 | 14:12  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta mantén unha xuntanza con representantes da asociación Aliad Ultreia

Díaz Mouteira recibe o novo presidente dos empresarios do polígono industrial de San Cibrao das Viñas

17/01/19 | 13:20  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Díaz Mouteira recibe o novo presidente dos empresarios do polígono industrial de San Cibrao das Viñas

A delegada territorial da Xunta en Ourense brindoulle a José Antonio Rodríguez Araújo diálogo e cooperación para traballar no crecemento económico da provincia

A área territorial de Vigo recibiu do Fondo de Cooperación Local 12,6 millóns no 2018 para obras e servizos da súa competencia

17/01/19 | 12:10  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A área territorial de Vigo recibiu do Fondo de Cooperación Local 12,6 millóns no 2018 para obras e servizos da súa competencia

O delegado territorial de Vigo, Ignacio López-Chaves, destacou o compromiso do Goberno galego co municipalismo, que suma a este programa outras liñas de axudas e subvencións das distintas consellerías

O representante autonómico subliñou que no vindeiro exercicio se incrementará a contía deste programa nun 2,5%, ata os 128,7 millóns de euros
 

16/01/19 | 15:30  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Cores Tourís destaca que a Xunta aumentará en 35.000 euros os gastos en peritaxe dos danos causados pola explosión de Paramos

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra recordou que en total se investiron nesta labor xa 228.000 euros que agora se verán incrementados

Tamén destacou que xa se aboaron dende a administración autonómica 2,4 millóns de euros en axudas para sufragar gastos en vivendas danadas
 

 A Xunta entrega equipamento aos grupos de emerxencias e ás Agrupacións de Protección Civil

16/01/19 | 14:33  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta entrega equipamento aos grupos de emerxencias e ás Agrupacións de Protección Civil

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda fixo entrega hoxe de 7 pick-ups, 7 remolques de emerxencias, 3 motos de auga e 2 equipos de excarceración que darán servizo a 18 concellos da provincia da Coruña

Esta entrega da continuación ao camiño iniciado nos últimos anos de dotar de máis material e equipamento de emerxencias ás Agrupacións, cunha inversión que xa supera os 10 millóns de euros
 

A Xunta anima á mocidade a continuar sumando esforzos na loita contra a violencia de xénero

15/01/19 | 18:26  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta anima á mocidade a continuar sumando esforzos na loita contra a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, impartiu hoxe unha charla ao alumnado do ciclo superior en Promoción e Igualdade de xénero do CIFP A Xunqueira