Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Actualidade

Buscador de novas

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 497 novas da Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza :

29/12/18 | 11:15  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta convoca a quinta edición do premio literario ‘Nortear’ para promover a aparición de novos escritores na Eurorrexión

Os candidatos, que optarán a un premio de 2.000 euros, poden presentar as súas obras ata o próximo 28 de xuño de 2019
 

28/12/18 | 15:28  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Xunta e Deputación da Coruña duplican o investimento no novo convenio de comarcalización do parque de bombeiros de Ferrol

O pleno do Consorcio Provincial Contraincendios da Coruña aprobou hoxe o novo convenio, que destinará 506.995,10 euros a financiar o servizo

O parque de bombeiros de Ferrol seguirá prestando servizo aos concellos de Ares, Cedeira, Fene, Mugardos, Neda e Valdoviño ata o 31 de decembro de 2019
 

28/12/18 | 15:19  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta destaca o papel indispensable dos GES no sistema de atención ás emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, valorou hoxe no Parlamento galego o acordo acadado entre Xunta, Fegamp e deputacións para o mantemento dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais

Destacou o compromiso da Administración autonómica, a institución que máis aporta no seu financiamento e que se encarga da dotación de equipamento

A Xunta incrementa nun 50 por cento as axudas para as asociacións de veciños, asociacións de mulleres rurais e comunidades de usuarios de augas de Galicia para obras e equipamentos

28/12/18 | 15:16  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta incrementa nun 50 por cento as axudas para as asociacións de veciños, asociacións de mulleres rurais e comunidades de usuarios de augas de Galicia para obras e equipamentos

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, explicou hoxe en rolda de prensa a Orde de axudas onde afirmou que contribúen a fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal e mellorar a calidade da vida local

Nos exercicios 2016, 2017 e 2018, ao abeiro desta orde de subvencións outorgáronse 626 axudas, e a cantidade total destinada a este fin foi de 6.400.000 euros.

Poderá concederse anticipos de ata o 100 por cen que se farán efectivos unha vez realizada a notificación da subvención

Xunta e Fademga colaborarán na adaptación de sentenzas a lectura fácil para persoas con discapacidade intelectual

28/12/18 | 15:14  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Xunta e Fademga colaborarán na adaptación de sentenzas a lectura fácil para persoas con discapacidade intelectual

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe un convenio de colaboración co presidente da asociación, Eladio Fernández, para poñer en marcha este proxecto piloto

28/12/18 | 14:55  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta centra a súa actividade no exterior na apertura de novos mercados e na defensa dos intereses galegos no novo marco financeiro da UE

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, compareceu no Parlamento para dar conta dos viaxes oficiais dos altos cargos da Administración galega ao exterior
 

A Semana Verde volve presentar unhas contas equilibradas tras bater en 2018 o seu récord histórico de eventos

27/12/18 | 14:46  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Semana Verde volve presentar unhas contas equilibradas tras bater en 2018 o seu récord histórico de eventos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu hoxe a reunión do padroado da Fundación Semana Verde, onde puxo en valor que 2018 será o quinto ano consecutivo sen que se rexistren perdas

Dos 25 eventos que se realizaron este ano, dez foron de carácter novidoso, o que vén a demostrar a diversificación e apertura do recinto

Súmase ao Padroado a empresa R, que xa viña colaborando asiduamente coa Fundación
 

27/12/18 | 14:28  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Xunta reforza a seguridade dos xulgados de Betanzos con novas cámaras e sistemas de gravación

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou hoxe as instalacións para comprobar as melloras realizadas

A actuación inscríbese nun plan de mellora da seguridade das instalacións xudiciais galegas

27/12/18 | 11:47  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Policía Autonómica detén a tres varóns en Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela por presuntos delitos de violencia de xénero ás súas ex-parellas

Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 275 vítimas de violencia de xénero

26/12/18 | 15:45  | Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

A Policía Autonómica leva a cabo 202 inspeccións para velar polo cumprimento da lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega