Estás en: Portada / Organización / Direccións Xerais / Dirección Xeral de Xustiza / Servizos / Asistencia xurídica gratuíta / Competencia para o recoñecemento do dereito

Competencia para o recoñecemento do dereito

A competencia para o recoñecemento do dereito outórgalla o artigo 9 da lei á comisión de asistencia xurídica gratuíta, comisión que para o caso da nosa comunidade o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia establece en cada unha das sete cidades galegas: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

O funcionamento das comisións axustarase ao establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para os órganos colexiados.