Solicitante e unidade familiar

A lei establece dúas modalidades:

  • Aquela que está integrada polos cónxuxes non separados legalmente e, se os houbese, os fillos ou fillas menores, con excepción dos que se atopen emancipados.
  • A formada polo pai ou pola nai e mais polos fillos ou fillas que reúnan os requisitos expostos no apartado anterior, é dicir, que non se atopen emancipados/as (artigo 3 da lei).

Excepcións ao cómputo de ingresos por unidade familiar:

  • Hai situacións nas que o cómputo dos ingresos non se fai pola unidade familiar, senón que tan só se computan os da persoa física, como é o caso que contempla o artigo 3.3 da lei, en que o solicitante acredita a existencia de intereses contrapostos co resto da familia no litixio para o que se solicita a asistencia.