Estás en: Portada / Organización / Secretaría Xeral / Servizos / Asociacións / Constitución dunha asociación

Constitución dunha asociación

O acordo de constitución da asociación, que incluirá a aprobación dos estatutos, formalízase mediante acta fundacional, en documento público ou privado. As asociacións, unha vez constituídas, deberán inscribirse no rexistro de asociacións para os efectos de publicidade (arts. 5-10 da L.O. 1/2002 e artigos 42-43 do R.D. 949/2015).

 

Que documentos teño que presentar? Subir 
  1. Solicitude de inscrición inicial (modelo PR308A) formulada polo representante da asociación e dirixida ao rexistro competente.
  2. Acta fundacional (modelo formato .docx - modelo formato .odt):  dous exemplares orixinais, asinados por todas as persoas promotoras ou fundadoras, na que consten os seguintes datos:
    • Nome e apelidos das persoas promotoras da asociación, se son persoas físicas; a denominación ou razón social se son persoas xurídicas; e en ambos os casos a nacionalidade, domicilio e documento de identidade.
    • Expresión da vontade de constituír unha asociación, e a denominación desta, que será coincidente coa sinalada nos estatutos.
    • Lugar, data e firma das persoas promotoras ou representantes (no caso de persoas xurídicas).
    • Identificación das persoas que integran os órganos provisionais de goberno.
  3. Estatutos (modelo formato .docx - modelo formato .odt): dous exemplares orixinais, asinados por todas as persoas promotoras ou fundadoras en todas as páxinas, redactados co contido mínimo establecido no art. 7 da Lei orgánica 1/2002.
  4. Outra documentación:
    • No caso de promotores persoas xurídicas, deberán presentar documentación acreditativa da súa natureza xurídica, certificación do acordo adoptado polo órgano competente no que conste a vontade de constituír a asociación, formar parte dela e designación da persoa física representante, que será coincidentes coa que participe no acto constitutivo.
    • No caso de promotores/as menores non emancipados/as maiores de catorce anos, sen prexuízo do que estableza o réxime xurídico para as asociación infantís, xuvenís ou de alumnos/as, deberán presentar documento acreditativo do consentimento da persoa que deba suplir a súa capacidade.
  5. Copia do documento de identidade das persoas promotoras ou autorización da súa consulta (anexo II da solicitude)
  6. Copia do NIF da asociación
  7. Xustificante do pago da taxa correspondente
  8. A que rexistro teño que dirixirme?

 

Outros tipos de asociacións Subir 

Asociacións xuvenís - (modelo formato .docx - modelo formato .odt)
Requisitos: as persoas asociadas terán entre os 14 anos cumpridos e 30 sen cumprir.

  • Normativa específica: Real Decreto 397/1988, do 22 de abril, polo que se regula a inscrición rexistral das asociacións xuvenís

Asociacións de nais e pais (ANPAS) - (modelo formato .docx - modelo formato .odt)
Requisitos: constitúense en centros de ensino e os asociados/as serán pais, nais, titores ou titoras dos/as alumnos/as do centro.

  • Normativa específica: Lei Orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora da educación
  • Real Decreto 1533/1986, do 11 de xullo, polo que se regulan as asociacións de pais de alumnos
  • Orde do 16 de xaneiro de 1987, da Consellería de Educación, pola que se regulan as asociacións de pais de alumnos