Estás en: Portada / Organización / Secretaría Xeral / Servizos / Asociacións / Apertura ou peche de delegacións

Apertura ou peche de delegacións

A inscrición rexistral de apertura, modificación ou peche de delegacións de asociacións, figura entre os actos obxecto de inscrición previstos no artigo 28 da L.O 1/2002. A inscrición formalizarase no prazo dun mes desde a adopción do acordo correspondente (artigos 53-54 R.D. 949/2015). 

Que documentos teño que presentar?

  1. Solicitude de inscrición (modelo PR308A): formulada polo representante da asociación e dirixida ao rexistro competente.
  2. Acta ou certificación do acordo adoptado polo órgano competente (modelo en formato .docx - modelo en formato .odt) expedida pola persoa ou cargo con facultade para a certificación de acordos, co visto e prace do presidente/a, no que conste:
    • Data e lugar da reunión e contido do acordo adoptado
    • Quórum de asistencia e resultado da votación nos termos establecidos nos estatutos
    • Identificación do domicilio da delegación ou delegacións obxecto de apertura ou peche: rúa, número, localidade, provincia e código postal. Cando o órgano de representación da asociación sufrise algunha modificación con respecto ao anteriormente inscrito, debe tramitarse con carácter previo o procedemento de inscrición dos titulares da xunta directiva ou órgano de representación da asociación.
  3. Xustificante do pagamento da taxa correspondente
  4. A que rexistro teño que dirixirme?