Estás en: Portada / Organización / Secretaría Xeral / Servizos / Asociacións / Disolución e baixa rexistral

Disolución e baixa rexistral

As asociacións disolveranse polas causas previstas nos estatutos e, no seu defecto, pola vontade dos asociados expresada en asemblea xeral convocada ao efecto, así como polas causas determinadas no artigo 39 do código civil e por sentencia xudicial firme.

As asociacións causarán baixa no rexistro de asociacións, entre outras causas, por terse producido a súa disolución e liquidación.

A inscrición da suspensión, disolución e baixa rexistral das asociacións, federacións e confederacións, figura entre os actos obxecto de inscrición previstos no artigo 28 da L.O. 1/2002. A inscrición formalizarase no prazo dun mes desde a produción da causa que determine a suspensión, disolución ou baixa da asociación no rexistro correspondente (artigos 61- 62 R.D. 949/2015).

Que documentos teño que presentar?

  1. Solicitude de inscrición (modelo PR308A): formulada polo representante da asociación e dirixida ao rexistro competente, acompañando a seguinte documentación:
    • Se a disolución se produce por vontade dos asociados/as:
      • Certificación do acordo adoptado pola asemblea xeral (modelo formato .docx - modelo formato .odt), expedido pola persoa ou cargo con facultade para a certificación de acordos da asociación, federación ou confederación, co visto e prace do presidente/a, no que conste: Data e lugar da reunión, contido do  acordo, quórum de asistencia e resultado da votación nos termos establecidos nos estatutos
      • Documento acreditativo do cese dos titulares dos órganos de goberno e representación
      • Balance da asociación na data de disolución; identificación das persoas encargadas da liquidación, as súas sinaturas e DNI; xustificante do destino do patrimonio resultante da liquidación
    • Se a disolución está baseada en causas alleas a vontade dos asociados, o documento a) do apartado anterior substituirase polo documento que acredite as causas de disolución e data de efectos. Así:
      • En caso de disolución polas causas previstas nos estatutos, certificado expresivo dos artigos que as regulan e a data en que se produciron.
      • En caso de disolución por aplicación do artigo 39 do Código Civil, certificado expresivo das causas determinantes da mesma e a data en que se produciu.  Cando o órgano de representación da asociación ou asociacións obxecto de disolución, sufrise algunha modificación con respecto ao anteriormente inscrito, debe presentarse acta da reunión ou certificación do acordo polo que se elixiu ou modificou aos titulares da Xunta Directiva así como a data en que se adoptou, recollendo os nomes, apelidos, nacionalidade, domicilio, número de identificación, se son persoas físicas; a razón social ou denominación se os titulares son persoas xurídicas, cos datos de identificación das persoas físicas que actuarán no seu nome; a data do nomeamento; as firmas (indicando o nome e cargo das persoas que subscriben) dos titulares entrantes e, no seu caso, dos titulares saíntes ou as razóns da ausencia destas suficientemente xustificadas.
  2.  Liquidación e destino do patrimonio: se no momento da disolución a entidade asociativa dispón de patrimonio, deberá achegarse tamén:
    • Aceptación e identidade das persoas encargadas da liquidación.
    • Situación patrimonial da asociación e sinalamento, no seu caso, da existencia de acredores.
    • Destino que se vai a dar ao patrimonio conforme ao establecido nos estatutos.
  3. Os liquidadores teñen as seguintes obrigas:

    • Velar pola integridade do patrimonio da asociación.
    • Concluír as operacións pendentes e efectuar as novas que sexan precisas para a liquidación.
    • Cobrar os créditos da asociación.
    • Liquidar o patrimonio e pagar aos acredores.
    • Aplicar os bens sobrantes da asociación aos fins previstos polos Estatutos.
    • Solicitar a cancelación dos asentos no Rexistro.
    • En caso de insolvencia, promover inmediatamente o oportuno procedemento concursal ante o xuíz competente. Para solicitar a cancelación dos asentos rexistrais, os liquidadores deberán presentar solicitude acompañada de documentación xustificativa da aplicación do patrimonio remanente, no seu caso. Se no momento da disolución a entidade carece de patrimonio, debe indicarse expresamente esta circunstancia na solicitude, sen que sexa necesario achegar a documentación mencionada.
  4. Xustificante do pagamento da taxa correspondente
  5. A que rexistro teño que dirixirme?