Estás en: Portada / Organización / Secretaría Xeral / Servizos / Asociacións / Federacións, confederacións e unións de asociacións

Federacións, confederacións e unións de asociacións

As asociacións poderán constituír federacións, confederación ou unións de asociacións, sempre que cumpran os requisitos esixidos para a constitución de asociacións e con acordo expreso dos seus órganos competentes.

Para constituír unha federación, confederación ou unión de asociacións será requisito indispensable que as asociacións promotoras (como mínimo tres), estean inscritas no correspondente rexistro de asociacións.

A súa inscrición rexistral está prevista no artigo 28 da L.O 1/2002, e o procedemento de inscrición está regulado nos artigos 44 a 45 do R.D. 949/2015. 

 

Que documentos teño que presentar? Subir
  1. Solicitude de inscrición (modelo PR308A): formulada polo representante da federación ou confederación e dirixida ao rexistro competente.
  2. Acta de constitución (modelo formato .docx - modelo formato .odt):  dous exemplares orixinais, asinados por todos os representantes das asociacións promotoras ou fundadoras, na que conste:
    • Data e lugar da reunión e expresión da vontade de constituír unha federación ou confederación.
    • Identificación de cada unha das asociacións promotoras: Denominación, número de inscrición, rexistro e domicilio e os datos de identificación dos representantes de cada unha delas.
    • Designación do órgano de goberno provisional.
  3. Certificación de cada unha das asociacións promotoras (modelo formato .docx - modelo formato .odt), expedida por la persoa ou cargo con facultade para certificar, do acordo adoptado para a súa integración na federación ou confederación e designación da persoa representante.
  4. Estatutos (modelo formato .docx - modelo formato .odt): dous exemplares orixinais asinados por todos os promotores en todas as páxinas, redactados co contido establecido no art. 7 da Lei orgánica 1/2002.
  5. Copia do DNI dos promotores ou autorización para a súa consulta (anexo II da solicitude).
  6. Xustificante do pagamento da taxa correspondente á inscrición do acordo de constitución.
  7. A que rexistro teño que dirixirme?.

  8.  
Inscrición de incorporación e separación de asociacións a unha federación, confederación ou unión de asociacións Subir

Unha vez constituída e inscrita unha federación, confederación o unión de asociacións no correspondente rexistro de asociacións, poden formalizarse incorporacións ou separacións de asociacións, que deben ser obxecto de inscrición rexistral de conformidade co previsto no artigo 28 da L.O 1/2002, e artigos 55 a 58 do  R.D. 949/2015.

Que documentos teño que presentar?

  1. Solicitude de incorporación ou separación de asociacións a unha federación ou confederación (modelo PR308A): formulada polo representante da entidade federativa e dirixida ao rexistro competente, na que consten os datos de identificación do solicitante e da federación ou confederación á que representa.
  2. Certificación ou acta da reunión na que conste o acordo adoptado pola entidade federativa (modelo formato .docx - modelo formato .odt) sobre a incorporación ou separación da asociación, facendo constar:
    • A denominación exacta, domicilio social, número de rexistro da entidade federativa que representa o solicitante.
    • A denominación exacta, domicilio social, número de rexistro da asociación ou asociacións que se incorporan ou separan á federación ou confederación.
  3. Por cada unha das asociacións que se incorporan ou separan, certificación (modelo formato .docx - modelo formato .odt), expedida por la persoa o cargo da asociación con facultade para certificar, do acordo adoptado para a súa integración na federación ou confederación e designación da persoa representante na entidade federativa.
  4. Cando a incorporación ou separación de asociacións na federación ou confederación produza modificacións no órgano de goberno da entidade federativa, deben formalizar ademais a inscrición da modificación da xunta directiva, presentando a solicitude xunto coa seguinte documentación:

    • a)    Certificación da composición da xunta directiva ou órgano de representación da entidade inscrita, cos mesmos datos que os esixidos para a modificación da xunta directiva das asociacións.
    • b)    Copia do DNI dos novos membros da xunta directiva, ou autorización da súa consulta  (anexo II da solicitude)

    Cando o órgano de representación da asociación ou asociacións obxecto de incorporación ou baixa, sufrise algunha modificación con respecto ao anteriormente inscrito, debe tramitarse con carácter previo o procedemento de inscrición dos titulares da xunta directiva ou órgano de representación da asociación.

  5. Xustificante do pagamento da taxa correspondente
  6. A que rexistro teño que dirixirme?