Estás en: Portada / Organización / Secretaría Xeral / Servizos / Asociacións / Fusión de asociacións

Fusión de asociacións

A fusión de asociacións pode producirse de dúas formas:

  1. Mediante constitución dunha nova asociación por fusión de dúas ou máis existentes
  2. Por absorción dunha ou varias asociacións por outra asociación xa existente

Ambos supostos están regulados no artigos. 27, 59 e 60 do R.D. 949/2015).

Que documentos teño que presentar?

A) Fusión mediante constitución dunha nova asociación

  1. Solicitude de inscrición (modelo PR308A): Formulada por calquera dos representantes das asociacións afectadas e dirixida ao rexistro competente.
  2. Actas das reunións das asembleas ou certificado dos acordos de fusión adoptados por cada unha das asociacións que se fusionan (modelo formato .docx - modelo formato .odt): expedido pola persoa ou cargo con facultade para a certificación de acordos, co visto e prace do presidente/a. Debe constar que a fusión foi aprobada conforme aos requisitos que para a adopción de acordos establecen os estatutos de cada asociación.
  3. Acta fundacional da nova asociación xurdida da fusión, co seguinte contido:
    • Denominación, núm. de inscrición e rexistro no que consta inscrita cada unha das asociacións fusionadas, así como identidade, nacionalidade, DNI e domicilio das persoas que actúan na representación das mesmas.
    • A vontade das asociacións de constituír unha asociación por fusión, a súa denominación, e os pactos que no seu caso establecesen.
    • A designación dos integrantes dos órganos de representación ou xunta directiva.
    • Lugar e data de outorgamento da acta asinada polos promotores.
  4. Estatutos da nova asociación (modelo formato .docx - modelo formato .odt): dous exemplares orixinais, asinados por todos os promotores ou fundadores en todas as páxinas, redactados co contido mínimo establecido no art. 7 da Lei orgánica 1/2002.

B) Fusión por absorción

A Acta de constitución debe deixar constancia nos acordos adoptados que asociación debe figurar como absorbente e cales son absorbidas, aos efectos de conservar o número de Rexistro e denominación da asociación que permanece, e formalizar a baixa rexistral das asociacións absorbidas.

  1. Xustificante do pagamento da taxa correspondente
  2. A que rexistro teño que dirixirme?