Estás en: Portada / Organización / Secretaría Xeral / Servizos / Asociacións / Modificación dos estatutos

Modificación dos estatutos

Que documentos teño que presentar?
Asociacións que non teñan adaptados os seus estatutos á L.O. 1/2002
 
 

Que documentos teño que presentar? Subir 
  1. Solicitude de inscrición de modificación de estatutos (modelo PR308A): formulada polo representante da asociación e dirixida ao rexistro competente
  2. Acta da reunión da asemblea ou certificado do acordo adoptado (modelo formato .docx - modelo formato .odt) expedido pola persoa ou cargo con facultade para a certificación de acordos, co visto e prace do presidente/a, no que conste:
    • O acordo de modificación de estatutos
    • A relación de artigos modificados
    • O quórum de asistencia
    • O resultado da votación
    • A data de aprobación
  3. Estatutos modificados (modelo formato .docx  - modelo formato .odt): dous exemplares orixinais, asinados polo/a presidente/a e secretario/a da asociación en todas as páxinas, contendo o texto íntegro dos estatutos e dilixencia na que se faga constar que os estatutos quedan redactados segundo as modificacións acordadas na asemblea xeral extraordinaria, así como a data da adopción do acordo de modificación. Cando o órgano de representación da asociación sufrise algunha modificación con respecto ao anteriormente inscrito, debe tramitarse con carácter previo o procedemento de inscrición dos titulares da xunta directiva ou órgano de representación da asociación.
  4. Xustificante do pagamento da taxa correspondente
  5. A que rexistro teño que dirixirme?

Nota: o cambio de domicilio da asociación é unha modificación de estatutos, polo que debe seguirse o mesmo procedemento. 
 

Asociacións que non teñan adaptados os seus estatutos á L.O. 1/2002 Subir 

As asociacións constituídas e/ou rexistradas con anterioridade ao 26 de maio de 2002, que non tivesen adaptados os seus estatutos á Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, deben adaptar os seus estatutos á dita Lei (Disposición transitoria primeira L.O. 1/2002).

Que documentos teño que presentar?

  1. Solicitude de inscrición da adaptación de estatutos á L.O 1/2002 (modelo PR308A): formulada polo representante da asociación e dirixida ao rexistro competente.
  2. Acta da reunión da asemblea xeral extraordinaria ou certificación do acordo de adaptación (modelo formato .docxmodelo formato .odt), expedida pola persoa ou cargo con facultade para a certificación de acordos, co visto e prace do presidente/a, no que conste:
    • acordo adoptado en asemblea xeral convocada especificamente para a adaptación dos estatutos á Lei Orgánica 1/2002
    • quórum de asistencia e resultado da votación, nos termos establecidos nos estatutos
    • a data de celebración da asemblea e aprobación do acordo
    • que a entidade se atopa en situación de actividade e funcionamento
    • domicilio social da asociación
    • identificación dos titulares dos órganos de goberno e representación, en ambos os dous casos a data de designación dos respectivos cargos e a súa vixencia
  3. Estatutos adaptados á L.O. 1/2002 (modelo formato .docx  - modelo formato .odt): dous exemplares orixinais asinados polo/a presidente/a e secretario/a da asociación, en todas as páxinas, contendo o texto íntegro dos estatutos e dilixencia, na que se faga constar que os estatutos foron modificados para a súa adaptación á L.O. 1/2002, por acordo da asemblea xeral extraordinaria, en cumprimento do disposto na disposición transitoria primeira da citada Lei Orgánica, así como a data da adopción do acordo.