Estás en: Portada / Organización / Secretaría Xeral / Servizos / Asociacións / Modificación de xunta directiva

Modificación da xunta directiva

A identidade dos titulares dos órganos de goberno e representación das asociacións está sometida a inscrición no rexistro de asociacións de conformidade co sinalado no art. 28 da L.O 1/2002. A inscrición formalizarase no prazo dun mes desde a súa elección ou modificación dos titulares da xunta directiva ou órgano de representación (artigos 51-52 R.D. 949/2015).

A inscrición rexistral afecta tanto a unha modificación ou renovación integral da xunta directiva como a unha modificación parcial ou substitución de algún/s dos seus membros.

Que documentos teño que presentar?

  1. Solicitude de inscrición (modelo PR308A): formulada polo representante da asociación e dirixida ao rexistro competente.
  2. Acta da reunión da asemblea ou certificación do acordo adoptado (modelo en formato .docx - modelo en formato .odt) expedida pola persoa ou cargo con facultade para a certificación de acordos, co visto e prace do presidente/a, no que conste:
    • Data, lugar da reunión e contido do  acordo adoptado
    • Quórum de asistencia e resultado da votación nos termos establecidos nos estatutos
    • A relación dos membros que cesan, a identificación dos novos membros elixidos e cargos para os que foron designados, así como a súa aceptación e data de efectos, co seguinte detalle:
      • Nome, apelidos, domicilio e DNI se son persoas físicas
      • Razón social ou denominación e NIF se son persoas xurídicas, xunto cos datos de identificación da persoa física que actuará na súa representación.
      • Sinaturas dos novos titulares designados e, no seu caso, dos titulares saíntes ou xustificación suficiente da súa ausencia.
  3. Copia do NIF dos membros da nova xunta directiva, ou autorización para a súa consulta (anexo II solicitude)
  4. Xustificante do pagamento da taxa correspondente
  5. A que rexistro teño que dirixirme?