Estás en: Portada / Organización / Secretaría Xeral / Servizos / Asociacións / Transformación de asociacións

Transformación de asociacións

A transformación dunha asociación xa constituída e inscrita pode producirse en dous supostos:

  1. Por cambio do ámbito territorial, mediante a ampliación ou redución do seu ámbito de actuación, o que dará lugar a un cambio de rexistro.
  2. Por modificación do seu réxime xurídico.  

 Ambos supostos están regulados nos artigos. 26, 46 e 48 do R.D. 949/2015)

Que documentos teño que presentar? 

  1. Solicitude de inscrición da asociación (modelo PR308A): formulada polo representante da asociación e dirixida ao rexistro competente.
  2. Acta da reunión da asemblea ou certificado do acordo adoptado expedido pola persoa ou cargo con facultade para a certificación de acordos, co visto e prace do presidente/a, no que conste a causa da transformación:
    • Cambio de ámbito territorial (modelo en formato .docx - modelo en formato .odt), que a asociación reduce ou amplía o seu ámbito de actuación (identificando o novo ámbito de actuación: provincia, localidade, Comunidade Autónoma).
    • Modificación do seu réxime xurídico (modelo en formato .docx. - modelo en formato .odt), identificando a nova normativa reguladora da asociación. Na acta deberá constar que a transformación foi aprobada conforme aos requisitos que para a adopción de acordos establecen os estatutos.
  3. Estatutos modificados (modelo formato .docx - modelo formato .odt): dous exemplares orixinais, asinados polo presidente/a e secretario/a da asociación en todas as páxinas, contendo o texto íntegro dos estatutos e dilixencia na que se faga constar que os estatutos quedan redactados segundo as modificacións acordadas na asemblea xeral extraordinaria, así como a data da adopción do acordo de modificación.
  4. Xustificante do pagamento da taxa correspondente
  5. A que rexistro teño que dirixirme?