Estás en: Portada / Organización / Direccións Xerais / Dirección Xeral de Emerxencias e Interior / Servizos / Espectáculos públicos / Autorizacións de actividades recreativas e probas deportivas en vías públicas

Autorizacións de actividades recreativas e probas deportivas en vías públicas

Datos que hai que achegar na solicitude:

  • Identificación dos responsables da organización, e concretamente do/a director/a executivo/a.
  • Identificación da persoa responsable de seguridade viaria, que dirixirá a actividade do persoal auxiliar habilitado.
  • Memoria da proba.
  • Croquis preciso do percorrido que identifique debidamente as estradas ou vías por onde se celebrará a proba e a súa titularidade (na fotocopia presentada non se distinguen). Promedio do horario previsto non só para a cabeza da proba senón tamén para o peche desta.
  • Proposición de medidas de sinalización da proba e do resto dos dispositivos de seguridade previstos nos posibles lugares perigosos, así como a función que deba desempeñar o persoal auxiliar habilitado, todo isto mediante informe detallado e que será comunicado no seu momento pola persoa responsable da seguridade viaria da proba ou as forzas da orde ao persoal responsable da vixilancia destes puntos conflitivos.
  • O/a responsable de seguridade viaria da proba deberá coñecer as normas de circulación, para o que deberá posuír permiso de condución en vixencia. Polo tanto, debe achegarse copia cotexada do devandito permiso.
  • Xustificante da contratación dos seguros de responsabilidade civil e de accidentes aos que se refire o artigo 14 do Anexo citado.
  • Xustificante do pagamento das taxas.