Biografía

Alfonso Rueda Valenzuela naceu no ano 1968. Está casado e ten dúas fillas. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e ten o diploma de Directivo da Xunta de Galicia. Funcionario de Administración Local, con habilitación nacional, categoría superior.

  • Foi secretario nos concellos de Cervantes, A Cañiza e Cambados.
  • Secretario-nterventor da Mancomunidade de Paradanta.
  • Xefe do Gabinete da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
  • Ano 2000. Director Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia.
  • Ano 2006. Secretario Xeral do PPdeG.
  • Ano 2009. Elixido deputado pola provincia de Pontevedra nas eleccións autonómicas e nomeado, en marzo dese ano, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
  • Ano 2012. Reelixido deputado pola provincia de Pontevedra e nomeado vicepresidente da Xunta de Galicia e titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.