Comisión Galega de Delimitación Territorial

A Comisión Galega de Delimitación Territorial foi creada ao abeiro do disposto nos artigos 15 a 17 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, que a configuran como un órgano de estudo, consulta e proposta en relación cos límites territoriais das entidades locais galegas e das demarcacións nas que se estrutura a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. O Decreto 370/1998, do 10 de decembro, desenvolve a súa composición, estrutura orgánica e funcionamento.

A comisión está adscrita, orgánica e funcionalmente, á consellería competente en materia de réxime local e depende da dirección xeral competente en materia de réxime local.

Composición:

  • Catro representantes da Xunta de Galicia:
    • Titular da consellería competente en materia de réxime local (presidente).
    • Titular da dirección xeral competente en materia de réxime local (vicepresidente).
    • Titular da dirección xeral competente en materia de urbanismo.
    • Titular da dirección xeral competente en materia de desenvolvemento rural.
  • Catro representantes das entidades locais de Galicia, designados pola entidade asociativa máis representativa.

Funcións

  • Entre as súas funcións, destaca a emisión de informes en :
    • Todos os expedientes de alteración de límites municipais.
    • Todos os expedientes de cambio de capitalidade.
    • Expedientes de demarcación e deslinde de termos municipais que se deriven de conflitos entre os municipios afectados.
    • Determinación, revisión e modificación das demarcacións nas que se estrutura a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Tamén lle corresponde elaborar, por petición do Consello da Xunta, os estudos e propostas de revisión en relación coas medidas de fomento para a fusión de municipios ou para a incorporación voluntaria a outros.