Presentación

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior exercerá as competencias que lle corresponden á Xunta de Galicia, relativas ás materias de atención de emerxencias e protección civil, interior e seguridade.

Estas competencias, establecidas no Decreto 303/2009, do 21 de maio (DOG nº 101 do 26.05.2009), poden dividirse en tres áreas fundamentais:

  • Emerxencias e protección civil. Neste senso, correspóndelle a superior dirección en materia de protección civil e emerxencias, así como a planificación e dirección da xestión de riscos, a participación nos programas dos servizos contra incendios e salvamento locais e a encomenda do Consello de Seguridade Nuclear para a vixilancia radiolóxica, entre outras.
  • Seguridade e interior. Correspóndelle a xefatura dos servizos de seguridade e dos policiais adscritos á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, así como o establecemento de mecanismos e fórmulas de cooperación coas forzas e corpos de seguridade do Estado. Tamén lle corresponde a proposta e execución dos plans de seguridade da Comunidade Autónoma.
  • Xogo e espectáculos. As competencias asumidas pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en materia de casinos, xogos, apostas e espectáculos públicos.