Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Esperámoste en

Esperámoste en...

Ten dispoñibles para consulta 622 eventos:

23/10/17 | 00:00

Curso sobre o concurso de acredores: aspectos teóricos, xurídicos e prácticos, para empregados públicos das entidades locais de Galicia

De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local da Coruña para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso para empregados/as públicos/as das entidades locais de Galicia denominado O concurso de acredores: aspectos teóricos, xurídicos e prácticos.

19/10/17 | 00:00

Curso sobre manexo de QuarkXPress para empregados públicos do Parlamento de Galicia

De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Parlamento de Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócanse un curso sobre manexo de QuarkXPress v. 2016 para empregados/as públicos/as do Parlamento de Galicia.


19/10/17 | 00:00

Máis de trescentas persoas asisten na EGAP a un curso de administración electrónica

Esta mañá deu comezo na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) un curso monográfico para dar a coñecer o novo marco normativo de aplicación en materia de administración electrónica. Grazas a esta actividade máis de trescentas persoas puideron coñecer as novidades máis salientables que achega a este eido a nova lexislación administrativa básica. 

13/10/17 | 00:00

A Escola convoca un Curso superior de Administración electrónica

A Escola Galega de Administración Pública, xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, convoca un curso superior de Administración electrónica que comezará o próximo 30 de outubro. 

13/10/17 | 00:00

Curso sobre consumo e xénero

A Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego do Consumo e da Competencia convocan un curso sobre consumo e xénero para o persoal empregado público do sector público autonómico de Galicia.

06/10/17 | 00:00

Curso de iniciación en xestión e control de flora exótica invasora

A EGAP convoca un curso de cestión e control de flora exótica invasora grazas ao convenio de colaboración subscrito entre este organismo e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso de iniciación en xestión e control de flora exótica invasora. 


05/10/17 | 00:00

Curso monográfico sobre as novidades en materia de Administración electrónica

A EGAP organiza o 19 de outubro en Santiago de Compostela un curso monográfico sobre as novidades en materia de Administración electrónica introducidas polas leis 39/2015 e 40/2015.

03/10/17 | 00:00

Curso superior de técnico de urbanismo 2017-2018

A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), convoca o Curso superior de urbanismo 2017-2018 co obxectivo de achegar coñecementos teórico-prácticos para actuar no mundo da ordenación do territorio e do urbanismo e responsabilizarse dos procesos de xestión do solo.

03/10/17 | 00:00

A EGAP convoca dous cursos para o persoal do Concello da Coruña

De acordo co Convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello da Coruña para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócanse dous cursos para o persoal do Concello da Coruña. 

29/09/17 | 00:00

Cursos para o persoal das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia

De acordo co convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello Consultivo de Galicia, convócanse dúas actividades formativas presenciais: Os recursos administrativos na nova Lei 39/2015, do 1 de outubro e Curso práctico sobre responsabilidade patrimonial das entidades locais.