Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Esperámoste en

Esperámoste en...

Ten dispoñibles para consulta 760 eventos:

12/02/19 | 00:00

Convocatoria das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia

A EGAP convoca un total de 1900 prazas en cursos de teleformación das cinco materias que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia dirixidas aos empregados públicos galegos e cunhas probas de avaliación descentralizadas nas seste grandes cidades galegas. 

11/02/19 | 00:00

Xornada O papel da Administración local ante o novo mercado de distribución de carburantes de automoción

Esta actividade ten como finalidade analizar a actuación da Administración local derivada da nova regulación do mercado de distribución de carburantes de automoción e, en particular, debater acerca dos problemas que a apertura de estacións de servizo pode presentar á Administración local e analizar as especificidades dos novos tipos de gasolineira que combinan combustibles fósiles, electricidade e gas natural.

06/02/19 | 00:00

Convocatoria de actividades de formación continua para o persoal da Administración autonómica

A EGAP convoca 178 actividades de formación continua dirixidas ao persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumetnais do sector público autonómico e da Administración institucional.

29/01/19 | 00:00

Convocada a XXII edición do Premio Manuel Colmeiro

A Escola Galega de Administración Pública, a través da Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, convoca o Premio Manuel Colmeiro co gallo de fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre as Administracións territoriais, institucionais e instrumentais do sector público de Galicia.

28/01/19 | 00:00

Bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo

A Escola Galega de Administración Pública convoca unha bolsa de formación destinada a persoas que remataran o grao ou licenciatura en Dereito con posterioridade a xaneiro do ano 2012. 

28/01/19 | 00:00

Xornada A revisión dos actos e disposicións nulas de pleno dereito e a declaración de lesividade

A cuestión relativa á revisión de oficio dos actos administrativos e demais institucións xurídicas relacionadas, como a declaración de lesividade, a revogación, ou os límites á revisión de oficio constitúen temas clásicos en dereito administrativo, pero que se atopan en permanente actualidade pola súa crecente utilización debido a factores como a adopción de novos criterios xurídicos de valoración ou a perentoriedade dos prazos procesuais e a maior sensibilidade da cidadanía na procura de xustiza na correcta aplicación da lei. Cun importante compoñente práctico, a xornada abordará os procedementos regulados nos artigos 106 e 107 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, mediante a realización dun estudo da doutrina do órgano consultivo autonómico sobre estes procedementos nos anos comprendidos entre 2005 e a actualidade.

22/01/19 | 00:00

A nova normativa de protección de datos será analizada no próximo número da revista Administración&Cidadanía

Esta tarde tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) o consello de redacción da Revista Administración&Cidadanía (A&C), dirixida por Sonia Rodríguez-Campos, coa finalidade de aprobar o contido do número 2 do volume 13 e planificar o número do seguinte semestre.

22/01/19 | 00:00

A EGAP convoca tres cursos sobre consumo

A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), convoca cursos en teleformación dirixidos ao persoal do Instituto Galego de Consumo e da Competencia; da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; dos espazos xoves; das OMIX e das OMIC.

11/01/19 | 00:00

Convocado o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas

Como un máis dos actos que a EGAP organiza para honrar as letras galegas e a Antón Fraguas Fraguas convócase, un ano máis, o premio de literatura infantil e xuvenil co obxecto de que os nenos e nenas galegos teñan a oportunidade de demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e de exercitar a súa imaxinación para concibir historias e desenvolver as súas habilidades neste idioma.

10/01/19 | 00:00

Curso monográfico A planificación estratéxica como método de xestión pública

A EGAP convoca unha nova edición do curso monográfico A planificación estratéxica como método de xestión pública que terá lugar os días 29, 30 e 31 de xaneiro na cidade de Ourense.