Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Esperámoste en

Esperámoste en...

Ten dispoñibles para consulta 734 eventos:

24/08/18 | 00:00

Novo curso de Prevención de riscos laborais. Nivel básico

Grazas ao convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico.

09/08/18 | 00:00

Curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

De acordo co convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e Cualtis, S.L.U. convócase un curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación dirixido ao persoal que presta servizos no Edificio Administrativo da Coruña e nos Xulgados da Coruña.

24/07/18 | 00:00

A EGAP organizou 660 actividades formativas entre xaneiro e xullo deste ano

Esta mañá reuniuse en Santiago de Compostela o Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública, presidido por Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia. Durante a reunión, a directora do centro, Sonia Rodríguez-Campos, presentou un informe sobre as actividades levadas a cabo por este organismo entre os meses de xaneiro e xullo e deu conta sobre as que se celebrarán ata o final do ano.

24/07/18 | 00:00

O COAG abre a matrícula en dous cursos sobre urbanismo

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), en colaboración coa EGAP, abre o prazo de matrícula para os cursos Renovación urbana e rexeneración urbanística e Novo procedemento administrativo e contratación pública no ámbito do urbanismo.

18/07/18 | 00:00

Curso superior A fiscalización e a nova Lei de contratos do sector público

A EGAP, en colaboración co Consello de Contas de Galicia, convoca un curso superior sobre a fiscalización e a nova Lei de contratos do sector público que terá lugar na Escola todos os luns entre o 17 de setembro e o 5 de novembro. 

09/07/18 | 00:00

Curso monográfico A planificación estratéxica como método de xestión pública

A EGAP organiza os días 19, 20 e 21 de setembro en Santiago de Compostela o curso monográfico A planificación estratéxica como método de xestión pública coa finalidade de analizar os aspectos máis destacados da planificación estratéxica e da dirección por obxectivos. 

26/06/18 | 00:00

Nova convocatoria de cursos destinados ao persoal da Administración autonómica e das entidadades públicas instrumentais e da Admón. institucional

A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 26 de xuño un total de 57 actividades formativas e 1950 prazas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

21/06/18 | 00:00

Cursos para o persoal do Concello da Coruña

De acordo co convenio de colaboración subscrito o 12 de xaneiro de 2018 entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello da Coruña para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócanse seis cursos para o persoal do Concello da Coruña.

19/06/18 | 00:00

A EGAP reforza a formación relativa a contratación pública nas entidades locais galegas

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) iniciou hoxe un curso monográfico de dous días centrado na nova Lei de contratos do sector público na Administración local. Esta actividade reuniu en Santiago de Compostela a 150 empregados públicos procedentes das entidades locais galegas que recibirán formación específica sobre as novidades máis destacadas da nova normativa. 

12/06/18 | 00:00

A EGAP prepara unha publicación centrada na nova Lei de contratos do sector público

Esta mañá os membros do consello de redacción da Revista Galega de Administración Pública (Regap), publicación dirixida por Sonia Rodríguez-Campos, aprobaron a publicación dun número monográfico sobre a nova Lei de contratos do sector público.