Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Esperámoste en

Esperámoste en...

Ten dispoñibles para consulta 734 eventos:

06/06/18 | 00:00

XXI edición do Premio Manuel Colmeiro, para traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia

A Escola Galega de Administración Pública convoca o Premio Manuel Colmeiro co gallo de fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre as Administracións territoriais, institucionais e instrumentais do sector público de Galicia.

04/06/18 | 00:00

Curso monográfico A nova Lei de contratos do sector público na Administración local

A Escola Galega de Administración Pública acollerá os días 19 e 20 de xuño un curso monográfico sobre a nova Lei de contratos do sector público dirixida ao persoal das entidades locais galegas. 

28/05/18 | 00:00

Curso de ferramentas Notifica.gal e Rexel

De acordo co Convenio de colaboración subscrito entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; a Escola Galega de Administración Pública; e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para desenvolver actividades de formación e divulgación en materia de administración electrónica e protección de datos convócase un curso de ferramentas Notifica.gal e Rexel. 

25/05/18 | 00:00

A EGAP acolle un simposio sobre a aprendizaxe-servizo na universidade centrado no capital social do estudantado

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu hoxe o II Simposio Internacional de aprendizaxe-servizo na universidade, centrado no coidado da aprendizaxe e do capital social do estudantado, ao que asistiron máis de 120 persoas. Esta nova edición, que trae a Galicia aos principais expertos nesta metodoloxía, ten como finalidade promover a aprendizaxe-servizo como vía efectiva de innovación educativa na educación superior. 

21/05/18 | 00:00

Curso de prevención de riscos laborais en oficinas e despachos para o persoal do Concello da Coruña

De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello da Coruña para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación convócase un curso de prevención de riscos laborais en oficinas e despachos dirixido ao persoal do Concello da Coruña.

16/05/18 | 00:00

A EGAP celebra o Día das Letras Galegas enxalzando a figura de María Victoria Moreno e o seu compromiso coa lingua

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) iniciou esta mañá as celebracións conmemorativas do Día das Letras Galegas cun acto literario dedicado a María Victoria Moreno ao que asistiron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a directora da Escola, Sonia Rodríguez-Campos.

16/05/18 | 00:00

Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas

Como un máis dos actos que a EGAP organiza en 2018 para honrar as letras galegas, convócase, un ano máis, o premio de literatura infantil e xuvenil co obxecto de que os nenos e nenas galegos teñan a oportunidade de demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e de exercitar a súa imaxinación para concibir historias e desenvolver as súas habilidades neste idioma.

14/05/18 | 00:00

A EGAP convoca subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais

A Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 14 de maio as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia para o ano 2018, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas.

11/05/18 | 00:00

Curso sobre a protección das persoas consumidoras no ámbito financeiro e do investimento

Grazas ao convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Consumo e da Competencia, a EGAP convoca un curso sobre a protección das persoas consumidoras no ámbito financeiro e do investimento dirixido ao persoal funcionario e laboral do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC); persoal funcionario e laboral das oficinas municipais de Información ao Consumidor (OMIC) e outro persoal das entidades locais e das asociacións de persoas consumidoras e usuarias de Galicia que realicen funcións de asesoramento ás persoas consumidoras, mediación e tramitación de reclamacións de consumo.

08/05/18 | 00:00

Actos en conmemoración do Día das Letras Galegas

A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas de 2018 á escritora de literatura infantil e xuvenil María Victoria Moreno Márquez. A EGAP súmase á homenaxe desta insigne escritora en lingua galega organizando un acto literario, seguido da inauguración dunha mostra de arte, así como dunha viaxe de interese cultural.