Presentación

A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea constitúe o centro directivo da administración autonómica encargado de dar apoio, asistencia e asesoramento ao presidente en todas as actuacións que, en materia de relacións coa Unión Europea, acción exterior, análise do entorno internacional que incida sobre as súas competencias e da cooperación ao desenvolvemento, se leven a cabo.

Así mesmo correspóndelle a xestión dos procedementos que se deriven desas materias e das competencias que en tales marcos se atribúan á comunidade autónoma.