A Subdirección Xeral de Acción Exterior e de Cooperación Trasfronteiriza exercerá as seguintes funcións:
- A proxección exterior de Galicia e a execución da actividade exterior da Xunta de Galicia, sen prexuízo das competencias sectoriais doutros órganos ou unidades administrativas.
- A cooperación institucional e técnica, apoiando as actuacións da Administración autonómica en materias relacionadas coas organizacións rexionais europeas non comunitarias.
- A dirección da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal.
- A colaboración coa Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda nas actuacións que, de acordo cos regulamentos comunitarios, se deben realizar con carácter previo á aprobación do Programa de cooperación transfronteiriza.
- O seguimento, avaliación e modificación do Programa de cooperación transfronteiriza.
- Asistir a dirección xeral na súa participación nos comités de Seguimento, de Xestión e do Comité Territorial na área de cooperación do seu ámbito.
- Aqueloutras que lle sexan asignadas ou delegadas
Ligazóns a: