Estás en: Portada / Organización / Direccións Xerais / Dirección Xeral de Emerxencias e Interior / Servizos / Espectáculos públicos / Información sobre horarios de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos públicos

Información sobre horarios de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos públicos

Horarios ordinarios

Horario de apertura:

  • As salas de festa, discotecas, salas de baile, pubs, karaokes, salas de exhibicións especiais, tablaos flamencos, café-teatro, café-concerto e café-cantante non se poden abrir antes das 10.00 horas da mañá.
  • Os locais de restauración con horario especial, en función do persoal ao que van dedicados, abrirán e pecharán de acordo coa autorización que dispoñan en cada momento. En todo caso, deberán pechar un período mínimo de 2 horas.
  • Os demais espectáculos e actividades recreativas non poden comezar as súas actividades antes das 06.00 horas da mañá, e entre o peche e a apertura debe transcorrer, como mínimo, un período de 2 horas.

Horario de peche:

  • Os espectáculos e festas rematarán e os establecementos públicos poderán exercer a súa actividade, como máximo, ata as horas sinaladas a continuación:
  1.  Espectáculos públicos.
    1. Espectáculos cinematográficos:
      1. Cines tradicionais: 02.00 horas
      2. Multicines: 02.00 horas
      3. Cines de verán ou ao aire libre: 02.00 horas
      4. Autocines: 02.00 horas
    2. Espectáculos teatrais e musicais:
      1. Teatros: 02.00 horas
      2. Teatros ao aire libre ou eventuais: 02.00 horas
      3. Auditorios: 02.00 horas
      4. Auditorios ao aire libre e eventuais: 02.00 horas
      5. Salas de actuacións: 02.00 horas
    3. Espectáculos taurinos: 22.30 horas.
    4. Espectáculos circenses:
      1. Circos: 01.00 horas
    5. Espectáculos feirais:
      1. Recintos feirais: 01.00 horas
  2. Actividades recreativas.
    1. Actividades culturais e sociais.
      1. Museos: 22.00 horas
      2. Bibliotecas: 03.00 horas
      3. Bibliotecas móbiles: 23.00 horas
      4. Ludotecas: 22.00 horas
      5. Videotecas: 22.00 horas
      6. Hemerotecas: 22.00 horas
      7. Salas de conferencias: 01.00 horas
      8. Salas de exposicións: 23.00 horas
      9. Salas polivalentes e multiusos: 02.00 horas
      10. Salas dedicadas á celebración de cineclubs: 01.00 horas.
      11. Pazos de exposicións e congresos: 01.00 horas.
    2. Actividades recreativas destinadas aos menores de idade.
      1. Centros de ocio infantil: 22.00 horas
      2. Áreas de xogo en centros comerciais: 22.00 horas
      3. Áreas de xogo con aparellos de uso infantil: 22.00 horas
    3. Actividades deportivas.
      1. Estadios deportivos: 01.00 horas
      2. Pavillóns deportivos: 01.00 horas
      3. Recintos deportivos: 01.00 horas
      4. Pistas de patinaxe: 01.00 horas
      5. Ximnasios: 01.00 horas
      6. Piscinas de competición: 01.00 horas
      7. Piscinas recreativas de uso colectivo: 01.00 horas
      8. Vías públicas usadas para probas deportivas: 01.00 horas
      9. Establecementos de actividades e espectáculos deportivos: 01.00 horas
    4. Parques de atraccións e atraccións recreativas.
      1. Parques de atraccións e temáticos: 02.00 horas.
      2. Parques acuáticos: 02.00 horas.
    5. Actividades recreativas e de azar.
      1. Casinos de xogo: 04.00 horas.
      2. Salas de bingo: 04.00 horas.
      3. Salóns de xogo de máquinas de azar, tipo A, A especial e tipo B: 2.00 horas.
      4. Salóns recreativos de máquinas de azar, tipo A: 00.00 horas.
      5. Hipódromos: 00.00 horas.
      6. Tómbolas e similares: 03.30 horas.
    6. Actividades de ocio e entretemento.
      1. Salas de festa: 05.30 horas.
      2. Discotecas: 05.30 horas.
      3. Salas de baile: 05.30 horas.
      4. Pubs: 04.00 horas.
      5. Karaoke: 04.00 horas.
      6. Cibercafé, salóns cíber e similares: 02.00 horas.
      7. De exhibicións especiais: 03.00 horas.
      8. Tablaos flamencos: 05.30 horas.
      9. Café-teatro, café-concerto, café-cantante: 05.00 horas.
    7. Actividades de restauración.
      1. Restaurantes: 02.30 horas.
        1. Salóns de banquetes: 03.30 horas.
      2. Bar, café-bar: 02.30 horas.
      3. Cafetaría: 03.00 horas.
      4. Locais de restauración con horario especial en función do persoal ao que van dedicados: o horario que autorice a dirección xeral competente en materia de espectáculos públicos, tendo en conta as necesidades dos profesionais ás que van dirixidas.
    8. Exhibición de animais.
      1. Zoolóxicos: 00.00 horas.
      2. Acuarios: 00.00 horas.
      3. Recintos de exhibición cabalar e outras especies: 00.00 horas.
    9. Festexos e celebracións populares.
      1. Solta de novelos: 20.00 horas.
      2. Verbenas e festas populares: 03.30 horas.
      3. Carrilanas: 21.00 horas.

Ampliación do horario de peche:

  • As noites que van de xoves a venres, de venres a sábado, de sábado a domingo e de domingo a luns, así como as noites anteriores aos festivos e a do festivo, estes horarios ampliaranse media hora. Para salóns recreativos e de xogo esta ampliación será de 1 hora.
  • A partir da hora límite de peche, non se permitirá o acceso aos establecementos a ningún cliente, non se servirá ningunha consumición e deixará de funcionar a música ambiental, é dicir, finalizarán todas as actividades que se están desenvolvendo e acenderanse todas as luces para facilitar o desaloxo dos establecementos ou recintos, que deberán quedar baleiros de público no prazo máximo de trinta minutos.