Presentación

A Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias é o órgano da Consellería de Presidencia encargado de asistir ao Goberno galego nas súas relacións co Parlamento de Galicia. Neste ámbito, leva a cabo unha tarefa de seguimento do programa lexislativo e dos acordos parlamentarios.

Realiza tamén funcións de apoio ao presidente da Xunta e ás consellerías nas súas intervencións parlamentarias.

Correspóndelle tamén a esta unidade a organización dos procesos electorais que son competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.