Funcións e competencias

A Dirección Xeral de Administración Local é o órgano encargado da xestión das competencias que se lle atribúen á Comunidade Autónoma galega nas seguintes materias:

  • A relación coas corporacións locais e a elaboración dos programas formativos en materia de Administración local.
  • O fomento das liñas de colaboración coas entidades locais galegas no referente á convocatoria e execución de liñas de subvención destinadas a elas.
  • A execución das competencias que, con respecto aos funcionarios con habilitación de carácter estatal, lle correspondan á Comunidade Autónoma de Galicia.
  • A elaboración, impulso e xestión de programas con financiamento da Unión Europea e de cooperación transfronteiriza con incidencia no mundo local e no ámbito das competencias da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, facendo especial fincapé nas accións enmarcadas no ámbito da cooperación Galicia-Norte de Portugal.
  • O impulso, estudo e control do cumprimento da Lei de Administración local de Galicia e demais normativa de réxime local, así como o exercicio das competencias que nesa materia lle correspondan á Comunidade Autónoma de Galicia.
  • O impulso, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, do proceso de incorporación do galego á Administración local, de forma coordinada coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
  • A xestión do Portal da Administración local de Galicia (Eido Local), así como o fomento e impulso da incorporación das novas tecnoloxías, en colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, e de métodos de calidade nas administracións locais galegas.
  • A tramitación dos expedientes de declaración de urxente ocupación nas expropiacións forzosas instados polas entidades locais.
  • O Rexistro de Entidades Locais de Galicia. Tramitación dos expedientes de alteración de termos municipais, creación, modificación e disolución de entidades locais.
  • Aquelas outras que, non estando incluídas neste artigo, se lle atribúan pola normativa vixente así como as que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.