Estás en: Portada / Organización / Secretaría Xeral / Servizos / Fundacións de Interese Galego / Principais trámites para a súa constitución e inscrición

Principais trámites para a súa constitución e inscrición

Solicitude de certificado de denominación

  • A denominación non poderá coincidir nin asemellarse con outra previamente inscrita, por iso solicitarase ao Rexistro de Fundacións de Interese Galego, certificación acreditativa de que a denominación que se pretende utilizar non consta inscrita. Esta certificación deberá incorporarse á escritura de constitución. Este certificado ten validez de 3 meses
  • Requisitos:
    • Deberá figurar a palabra fundación e non poderá coincidir, asemellar ou  crear confusión con outras preexistentes.
    • A utilización do nome ou pseudónimo dunha persoa física ou denominación ou acrónimo dunha persoa xurídica, distinta do fundador, deberá contar co seu consentimento.
    • A denominación non poderá facer referencia a actividades  que non se correspondan cos fins fundacionais ou induzan a erro.
    • Non se poderán incluír termos ou expresións contrarios as leis ou que poidan vulnerar os dereitos fundamentais das persoas.
    • Non se poderá formar exclusivamente co nome de España, de Galicia, das demais Comunidades Autónomas ou das entidades locais, nin utilizar o nome de organismos oficiais ou públicos, tanto nacionais como internacionais, agás que se trate do propio das entidades fundadoras.

Estatutos

  • Constitúen o documento a través do que se expresa a vontade do fundador, e nos mesmos deben constar os seguintes requisitos:
    • Denominación da fundación.
    • Fins fundacionais.
    • Domicilio e ámbito territorial de actuación.
    • Regras básicas para a aplicación dos recursos ó cumprimento do fins fundacionais, e para a determinación dos beneficiarios.
    • Composición do padroado e regras para o seu funcionamento.
    • Causas de disolución e destino dos bens e dereitos resultantes da súa liquidación.
    • Calquera outra disposición e condición lícita que os fundadores establezan.

Otorgamento da escritura pública de constitución

  • A constitución dunha fundación formalízase en escritura pública, e na mesma debe constar:
    • Datos persoais do fundador/es.
    • Vontade de constituí-la fundación.
    • Dotación, a súa valoración, forma e realidade da súa achega.
    • Estatutos da fundación.
    • Identificación dos membros do padroado da fundación.

Dotación

  • Pode consistir en bens e dereitos de calquera clase, e ser adecuada e suficiente para o cumprimento dos fins fundacionais:
    • A dotación non pode ter un valor económico inferior a 30.000 euros.
    • No caso de que a dotación sexa de inferior valor deberase presentar un  estudio económico que xustifique a adecuación e suficiencia da dotación para a realización dos fins fundacionais.
    • Se a achega non é en cartos, deberase incorporar á escritura de constitución taxación realizada por experto independente.

Outros trámites

  • Apertura de conta bancaria.
  • Solicitude do código de identificación fiscal (CIF), ante a Axencia Tributaria
  • Solicitude de exención do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados ante a Consellería de Economía e Facenda.

Solicitude de clasificación, declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións.

  • A inscrición no Rexistro ten carácter constitutivo e outorga á fundación personalidade xurídica.
  • Á solicitude de inscrición debe acompañar a seguinte documentación:
    • Escritura de constitución (Orixinal e copia).
    • NIF provisional.
    • Liquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (modelo 600).
    • Plan de actuación para o primeiro exercicio de actividade da fundación.
    • Para máis información envíe a súa consulta a: fundacions@xunta.es.

Documentos relacionados

  • Modelo de Estatutos
  • Modelo de solicitude de certificado de denominación
  • Taxas de rexistro de fundacións