Quen pode ser testemuña?

Toda persoa que teña coñecemento, directa ou indirectamente, de feitos obxecto dun proceso relevantes para a resolución do asunto e que sexa citada pola autoridade xudicial, ben porque así o acordara de oficio o/a xuíz, ou ben porque así o solicitara o/a fiscal ou as partes.

Exceptúanse as persoas privadas de razón ou do uso de sentidos respecto dos feitos que só poidan ter coñecemento polos devanditos sentidos.

Os menores penais tamén poderán declarar como testemuñas, pero non se lles tomará xuramento. Na súa declaración estarán asistidos polo seu representante legal e polo Ministerio fiscal.