O Rexistro de Fundacións de Interese Galego está integrado por un rexistro único adscrito á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e as distintas seccións adscritas a cada un dos departamentos con funcións de protectorado, en cada una das cales se levará un rexistro auxiliar, no que se inscribirán os actos e documentos correspondentes ás fundacións sobre as que exerzan as funcións de protectorado.
O Rexistro ten como finalidade ofrecer un sistema de garantía de publicidade material e formal das fundacións, mediante a inscrición do acto de constitución e de toda a secuencia de actos a través dos que se desenvolve a actividade fundacional, á vez que instrumento de seguridade xurídica e canle de información da realidade fundacional galega.
Actos e documentos obxecto de inscrición:
Así mesmo deberá constar no Rexistro o plan de actuación e contas anuais das fundacións, presentadas ante o protectorado.