Estás en: Portada / Organización / Direccións Xerais / Dirección Xeral de Xustiza / Servizos / Rexistro de parellas de feito

Rexistro de parellas de feito

A disposición adicional 3ª da Lei 2/2006, de dereito civil de Galicia, sinala que terán condición de parellas de feito as unións de dúas persoas maiores de idade, capaces, que convivan coa intención ou vocación de permanencia nunha relación de afectividade análoga á conxugal e que a inscriban no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, expresando a súa vontade de equiparar os seus efectos aos do matrimonio.

O Decreto 248/2007, do 20 de decembro, crea e regula este Rexistro adscrito á Consellería competente en materia de xustiza. Este Rexistro xestiónase a través das delegacións provinciais, baixo a dependencia directa da Dirección Xeral de Xustiza que asume as funcións de coordinación, información e aprobación de directrices comúns.

As inscricións de parellas de feito practicadas nos rexistros municipais de parellas naqueles concellos que contasen cun rexistro deste tipo, terán acceso ao Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, sempre que se acredite o cumprimento dos requisitos da Lei de dereito civil de Galicia do Regulamento deste Rexistro. A remisión feita polos concellos deberá contar co consentimento previo e expreso de ambos os dous integrantes da parella.

Os requisitos para a inscrición establéceos o artigo 5 do Decreto, e son:

  • ser maiores de idade e non ter relación de parentesco ata o terceiro grao
  • manifestar a vontade de constitución de parella de feito
  • non estar ligados por matrimonio ou ter formalizada parella de feito con outra persoa
  • non estar incapacitados
  • ter un dos membros da parella a veciñanza civil galega
  • acreditar o empadroamento dos membros da parella no mesmo domicilio dalgún municipio de Galicia

Pode obter máis información consultando na Guía do cidadán da Xunta de Galicia o procedemento PR 212A - Rexistro de parellas de feito.

A onde acudir

O Rexistro de Parellas de Feito xestiónase a través das Xefaturas Territoriais nas provincias respectivas:

  • Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
    Xefatura Territorial da Coruña
    Servizo de Xestión Técnico-Administrativa
    C/Vicente Ferrer, nº 2 - 15008 A Coruña
    Telf.: 981185974 Fax: 881881084
  • Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
    Xefatura Territorial de Lugo
    Servizo de Xustiza e Administración Local
    Ronda da Muralla, 70 - 27071 Lugo
    Telf.: 982294262 / 982294598 Fax: 982889169    
  • Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
    Xefatura Territorial de Ourense
    Servizo de Xustiza e Administración Local
    Avenida da Habana, nº 79 - 6º - 32004 Ourense
    Telf.: 988386408 - Fax: 988386384
  • Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
    Xefatura Territorial de Pontevedra
    Servizo de Xustiza e Administración Local
    Calle Fernández Ladreda, 43-9º - 36003 Pontevedra
    Telf.: 986805312 / 986505383 Fax: 986805391